Saúdo

Compláceme gratamente saudalos como alcalde deste fermoso concello a través desta fiestra dixital . Unha ferramenta que nos serve de utilidade para complementar os medios tradicionais de comunicación dos nosos proxectos e actividades, grazas a cal tanto veciños e habitantes como calquera navegante, pode coñecer a nosa realidade.

Esta páxina está aberta a tódalas vosas suxerencias e opinións, tratando ao mesmo tempo, de achegar a administración ao cidadán.

Aproveito a ocasión para enviar saudos especias a todos aqueles veciños e veciñas que por distintos motivos, nestes intres teñen a sua residencia fora do concello.

Sexan todos benvidos a este municipio de grandes recursos naturais. situado nun lugar privilexado, donde paisaxe e patrimonio se abrazan para crear un paraxe único. Donde historia e tradición se mesturan con progreso e desenvolvemento.

Por eso vos animo a visitar e desfrutar deste paraíso para alma e corpo chamado Baños de Molgas.